• Tocamos o violoncello?

    Nesta animación en flash proporcionada pola orquesta Berliner Philarmoniker podedes simular que sodes un gran violonchelista que toca unha peza tan bonita como é O cisne, de Camille Saint-Saëns. Tedes que intentar seguir a velocidade e o movemento do arco. Cando o fagades ao mesmo tempo que o músico, soará ben, e memo recibiredes os aplausos do público!

    Pero se non coincide a velocidade…  como soará?

    Probade e escoitádevos. Cantos aplausos conseguíchedes?  😉


    Etiquetado como ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *